Nesta ocasión os trofeos de campión foron para uns debutantes no Circuito de Tenis de Toques.
Eran as nove da mañá e no Polideportivo de Souto xa soaban os primeiros golpes de raqueta de tenis. As parellas participantes iban chegando e ilusionadamente pouco a puco todos foron comezando os seus partidos.
Cada enfrontamento disputouse ao mellor dun único set e cada media hora aproximadamente sucedíanse os partidos do primeiro grupo, no cal o segundo posto que tamén daba acceso á fase final xunto co primeiro, estivo moi disputado no partido que enfrontou a Ricar e Martín contra Xoel e Iván (os máis novos) cun resultado favorecedor aos primeiros (6-4), onde se fixo patente o triple campionato individual acadado por Martín Conde.
Pola tarde, dúas parellas de chicas xogaban no mesmo grupo contra tres parellas de chicos, e o que en principio parecía desigualdade ao final non foi para tanto, xa que Lupe, Andrea (ganadoras de torneos individuais femininos), Viky e Ana (finalistas nalgunha ocasión de torneos individuais) rendiron a un bon nivel. Destacar neste grupo, precisamnete, o partido entre as parellas femininas. Éste foi o partido máis igualado de todos cantos se xogaron durante a xornada, tanto que se decidiu no Tie Break en favor de Ana e Viky, 7-6 (6). Realmente foi coma unha final, conseguiron que os demáis presentes aplaudiran espontáneamente e non se rendiron ata rematar.
Unha vez rematada a fase de clasificación comezaron as roldas finais, a un set a nove. Por un lado o primeiro e segundo clasificado de cada grupo xogaron unha final a catro no cadro principal e os terceiro e cuarto de cada grupo xogaban outra fase final no cadro de consolación con premios máis cativos.
A final de consolación disputárona dúas parellas do grupo da mañá, co cal supoñía unha reválida para a parella toquense (Mauro e Pablo) ainda que foi máis disputado ca o partido da mañá, Xoel e Iván (de Melide) non deixaron pasar a oportunidade de proclamarse vencedores, merecidamente (9-4).
A final do cadro principal, era evidente quenes a ian xogar, xa que salvo sorpresa e con permiso de Martín e Ricar, as dúas parellas finalistas foron as que mellor soliviantaron os seus encontros con resultados claros e con servicios moi fiables e contundentes.
Entón, os arzuás Diego e Miguel e os orosás Amancio e Alejandro, deleitaron aos espectadores existentes con grandes puntos e peloteos fantásticos de gran nivel. Diego e Miguel tomaron a iniciativa co seu saque, máis unha rotura no segundo xogo e afianzándoa no terceiro, co cal partían cun tres a cero no marcador favorable. Pero en deporte as cousas non son coma empezan, senón coma rematan e Amancio e Alejandro souperon, con esforzo, intelixancia, calma e concentración, remontar ata un oito a seis, o que lles permitiu gañalo partido co seu servicio e mediante un xogo en blanco proclamáronse campións (9-6).
Unha vez máis triunfou o deporte no Polideportivo de Souto, non faltou de nada, os participantes foron obsequiados nada máis comezar e disfrutaron dunha empanada para calmar o apetito e é que o feito de pasar máis de dúas horas no pavillón non resulta cómodo, co cal desde a organización felicitar a todos os participantes porque non é doado facer o que fixeron, ten que gustar.
Agradecer ás empresas e entidades compromisarias que facilitan en gran medida que este evento se faga realidade e tamén á pouca xente que acompañaron aos participantes ata o remate e que tiveron a oportunidade de marchar cunha raqueta que se sorteou entre os presentes.
