IV Subida San Cidre

Aberto o prazo de inscrición para a “IV Subida San Cidre”. A cuarta edición desta proba deportiva xa está máis próxima, o segundo fin de semana de marzo está marcado no calendario.

Toda a información, regulamento, percorridos, categorías e inscrición na web da federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com

https://www.carreirasgalegas.com/events/iv-subida-a-san-cidre/ALlwkXlp

Igual que en edicións anteriores, ademáis da Subida a San Cidre (13K) haberá as 3 carreiras dirixidas á mocidade, as cales estrean percorrido.

O 2024 tamén terá unha zona de saída e meta inédita, en Souto, pero ubicada na praza do Multiusos.

O día da proba, os participantes terán habilitado o aparcadoiro na zona escolar, onde poderán recollelo dorsal na Aula da Natureza.