Limpeza de lunas e cristais de automóbil

Os días 16 e 17 de outubro estará dispoñible na praza do Edificio Multiusos unha uinidade móbil para a realización de traballos de limpeza.

O horario de antención será de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00, puidendo ser prolongado en caso de necesidade ata que a luz o permita.

Os traballos serán realizados de forma gratuita e consisten en:

  • Limpeza de cristais
  • Tratamento antichoiva.

Estos traballos permiten mellorar a visibilidade, evitan a conxelación do parabrisas e garante unha eficacia durante seis e doce meses.