Liña de axuda en ciberseguridade do Incibe

INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) pon a disposición de empresas, cidadáns, proxenitores, menores e educadores unha liña telefónica gratuíta de axuda en ciberseguridade:

900 116 117.

Poderán realizarse consultas en horario de 9:00 a 21:00 horas durante todos os días do ano (incluidos sábados, domingos e festivos).

Ademáis, en cada un dos portais de INCIBE, ofrécese a posibilidade de facer chegar as consultas a través dun formulario de contacto:

Internet segura for Kids

Dirixida a pais ou nais, educadores ou profesionais do ámbito do menor asesoran sobre o uso seguro e responsable dos menores na internet, tanto á hora de educar e previr, como ante unha emerxencia relacionada co acceso a contidos prexudiciais, os contactos daniños ou as condutas inapropiadas.

As consultas son atendidas por un equipo multidisciplinar composto por psicólogos, expertos en seguridade IT e asesoramento legal. Así mesmo, o servizo é gratuíto e confidencial (protéxese a información persoal que puidese facilitar o usuario durante a consulta). A liña de axuda é un servizo especificamente orientado a asesorar no uso seguro e responsable da internet por nenos e adolescentes.

A liña de axuda atende as seguintes temáticas:
  • Xestión apropiada da privacidade, identidade dixital e reputación.
  • A práctica de risco do Sexting (envío de imagenes e vídeos de caracter sexual).
  • Ciberacoso escolar ( ciberbullying).
  • Grooming (acoso sexual a menores)
  • Estratexias e recomendacións para a mediación parental na internet.
  • Acceso Contidos prexudiciais (violencia, pornografía, etc.).
  • Contacto con comunidades perigosas (prol-anorexia e prol-bulimia, autolesiones, extremismos, discursos de odio, etc.)
  • Protección ante virus e fraudes dirixidos a menores.
  • Protección de dispositivos e configuracións seguras.
  • Uso excesivo da internet.