Listaxes de admitidos nas Actividades de Verán

Todas as solicitudes realizadas por usuarios interesados en participar nas actividades de verán en Toques, foron aceptadas

As actividades de verán que se levarán a cabo desde o vinte oito de xuño e durante o mes de xullo son as seguintes:

  • Campamento de verán
  • Campus deportivo
  • Curso natación Adultos
  • Cursos natación Infantil

En relación co Campamento de verán, establécense Indicacións para o primeiro día:

  • Reunión de nais e pais o día 28 ás 10:00 no Edificio Multiusos ( escola vella, ao carón do tanatorio) Prégase asistencia
  • Para o curso de piscina, de luns a xoves de 13:00 a 14:00, cada neno debe levar unha mochila con: toalla, bañador, chanclas, gorro e gafas de piscina.
  • Levar a merenda para media mañá e unha botella de auga con nome.

En relación co Campus Deportivo:

  • Inicia o 1 de xullo, ás 10:30, cunha reunión informativa no Pavillón polideportivo, á cal os proxenitores dos participantes deberán estar presentes.
  • Cada día, os participantes levarán calzado e indumentaria deportiva. Ademáis, nunha mochila levarán chanclas, bañador, gorro, gafas (de piscina) e toalla. Nunha bolsa máis pequena unha merenda para despois da piscina.
  • Recoméndase usar protección solar.

En relación cos cursos de natación:

  • O curso para adultos será os luns e mércores de 16:00 ata 16:45. Comeza o luns 28 de xuño e os participantes levarán chanclas, bañador, gorro, gafas (de piscina) e toalla.
  • O curso para nenos e nenas de 3 a 6 anos será os luns e mércores de 14:15 ata as 15:00. Comeza o luns 28 de xuño e os participantes levarán chanclas, bañador, gorro, gafas (de piscina) e toalla. Os acompañantes dos nenos e das nenas participantes estarán presentes na piscina durante as clases do curso.
  • O curso para nenos e nenas de 7 a 12 anos será os martes e xoves de 16:00 ata 16:45. Comeza o martes 29 de xuño e os participantes levarán chanclas, bañador, gorro, gafas (de piscina) e toalla. 
  • Recoméndase usar protección solar.

As seguintes actividades: Campus deportivo, Campamento de verán e Curso de natación de adultos están suxeitos ao abono da taxa recollida na Ordenanza Fiscal correspondente. A taxa para o Campus deportivo e para o Campamento de verán é de 30 €, para o curso de natación de adultos é de 5 €.

Os solicitantes admitidos tanto no Campamento de verán como no Campus deportivo, deben aboar o custo da actividade durante os días 22 e 23 de xuño na oficina máis cercana do Banco Santander no número de conta ES07 0238 8194 1306 6000 0369. Facer constar nome do neno ou nena participante e o xustificante de pago debe ser entregado de maneira presencial ou por outros medios dixitais nas oficinas da Casa do Concello de Toques.