MELLORAS NA ETAP A CAPELA

 

O Concello de Toques realizou actuacións na ETAP A Capela, que foron con cargo a RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A), as cales consistiron na mellora no funcionamento da ETAP A Capela, pertencente á rede de abastecemento municipal do concello de Toques.

Con este fin levouse a cabo a instalación de 3 filtros de aceiro inoxidable de 1 metro de diámetro e 1,50 metros de lonxitude de virola. Tamén repuxeron 4.000 m3 de area de sílice nos filtros e un mesturador de aceiro inoxidable de 0,8 m. de diámetro e 1,8 m. de altura aproximada sobre unha base de formigón.

Previo ó inicio das obras, foi preciso proceder a retirada dos 2 filtros, o mesturador e a área existentes.

A incorporación dun novo filtro esixiu a modificación de tubuladuras de entrada e saída de auga e de entrada de auga de lavado.

Ademais tamén foi preciso modificar os elementos de protección e mando no cadro eléctrico, así como o cableado ata as válvulas pneumáticas da incorporación do novo filtro.