O CAMPAMENTO DE DE VERÁN REMATA EN MARÍN

OS PARTICIPANTES DA ACTIVIDADE DESPLAZÁRONSE ATA A VILA PONTEVEDRESA PARA VISITAR O ECOPARQUE DE MULTIAVENTURA E A PRAIA DE MOGOR.

Nen@s quedaron moi contentos da excursión que o concello tiña preparada para clausurar a actividade estival toquense, a pesar das 12 horas que permaneceron alonxados das súas casas.

O programa da excursión era sinxelo; a mañá os rapaces e rapazas puideron practicar nos circuitos arbóreos instalados no mencionado parque, no que ademáis de tirolinas, tamén había pontes-mono, pontes colgantes, etc… todo moi ben instalado e con medidas de seguridade exhaustivas para que ninguén atopase o mínimo perzance. Tras proporcionarlle a cada participante o equipo necesario: arnés e mosquetones, de inmedianto se puxeron a practicar nos circuitos de baixa dificultade para familiarizarse co equipo técnico, despois durante tres horas soaron as tirolinas.

Tras repoñer forzas co xantar que cada un traia preparado a excursión desplazouse ata a praia marinense de Mogor na que os cativos disfrutaron do sol, a area, as ondas e a auga salgada antes de recoller para retornar a Toques.

IMG_20160729_181732 IMG_20160729_133943 IMG_20160729_135141 Identidade Deputación da Coruña