O Concello de Toques benefíciase da aportación da Deputación da Coruña para acometer actuacións nas estradas municipais

A Deputación da Coruña destina un total de 77.419,35 € ao financiamento da reparación de seis camiños no Concello de Toques. A achega correspóndese co 80% do orzamento total da obra que ascende a 116.250 € .

O deputado de Contratación e Patrimonio, Xesús Soto, e o alcalde de Toques, Miguel Angel Buján, asinaron un convenio de colaboración para a reparación de seis camiños no Concello de Toques, dous na parroquia de Santa Eufemia, dous en Brañas, un na Capela e outro en Vilamor.

No proxecto inclúese a reparación do camiño de Franqueán e Quintá na parroquia de Santa Eufemia, os da Chente e Porto Salgueiro en Brañas, o do cruce-Vilares-Grañas, os Curros, Capela, e o acceso a Irago de Abaixo en Vilamor.
As obras contemplan limpeza de cunetas, reparación de fochancas e perfilado de noiros, mellora da capa de rodaxe, obras de drenaxe, sinalización horizontal e vertical e colocación de sinais. En total son máis de dous quilómetros lineais de camiños.