Outono Xove 2023

Outono Xove ten o obxectivo de proporcionar actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana dos meses de novembro e decembro en distintos albergues xuvenís e outras instalacións do territorio galego.

PARTICIPANTES: O programa Outono Xove 2023 está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda para a que se presenta a solicitude.

O PROGRAMA INCLÚE:

-Aloxamento en albergue xuvenil ou residencia de tempo libre (noites de venres e sábado). A asignación de cuartos será de libre disposición.
-Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo, ambos incluídos.
-Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas).

PREZO: As persoas ás que se lles adxudique unha praza deberán aboar un prezo de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada      aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. Deste xeito, as persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.

INSCRICIÓNS: A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición que se poderá cubrir directamente na páxina web xuventude.xunta.es.
As prazas asignaranse por estrita orde de chegada sempre e cando se cumpran os requisitos. Unha vez esgotadas crearase unha lista de reserva, tamén por orde de chegada. No formulario só se poderá elixir unha quenda, se ben no caso de que queden prazas libres, ofreceráselles aos mozos e mozas que presentaran xa unha solicitude de participación a posibilidade de inscribirse noutro programa no que haxa vacantes.

PRAZO: O prazo de inscrición comezará o día 27 de outubro ás 10:00 horas.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.