Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) nos campamentos de verán 2023

Normativa: Orde do 29 de marzo de 2023 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2023 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 73 do 17/4/2023).

Participantes:

Poden participar as persoas mozas galegas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:

  • As persoas nacidas no ano 2014 deberán ter feitos os 9 anos no momento do inicio do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2005 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

Persoas con discapacidade.

As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facer constar esta circunstancia no formulario de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.

Prezos:

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I (alíneas A, B e C) desta orde. Os prezos dos servizos ofertados nesta orde aparecen recollidos no anexo I da Orde do 16 de abril de 2018.

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa, así como as familias monoparentais, terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.

Prazo de solicitude: O prazo de presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da orde reguladora no DOG. Desde o 18 de abril ata o 2 de maio de 2023.

Máis información: Servizos Sociais Municipais.