Prazas xuvenís e de inclusión no programa Campaña de verán-2020

Normativa

Orde do 9 de xuño de 2020 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº116 do 15/6/2020)

Obxecto

Facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2020 que se detalla no anexo I.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Participantes

Poden participar as persoas mozas galegas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:

  • As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible co COVID-19, sen prexuízo da documentación que deberán asinar as persoas proxenitoras ou titoras a que se fai referencia no artigo 8. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades de auga, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade.

Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será intransferible.

Prezos

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I (alíneas A, B e C) desta orde. Os prezos dos servizos ofertados nesta orde aparecen recollidos no anexo I da Orde do 16 de abril de 2018.

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa, así como as familias monoparentais, terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.

Lugar de presentación

Prazo de solicitude

Sete días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 25 de xuño de 2020.

Máis información