Presentción do I Cross de subida a San Cidre

O vindeiro 10 de marzo terá lugar en Toques a primeira edición dunha carreira popular dirixida a tódolos públicos xa que conta con percorrido de 10 quilómetros para adultos e un circuito pechado no recinto escolar para @s nen@s e @s xóvenes.

O reglamento da carreira está exposto nesta páxina web onde tamén se pode realizar a inscrición (gratuita para os menores de idade) pinchando no enlace que aparece na parte superior da web.

O circuito de 10 kms. transita íntegramente por pista municipales de diversa tipoloxía, 2,5 kms de asfalto e cemento, e 7,5 kms de camiños e pistas forestais de terra,herva, grava, zahorra ou mixto.

Os circuitos xunto coas fotos do percorrido da categoría senior (maiores de 18 anos) expóñense a continuación.