I Andaina dos Montes do Bocelo, teito da Coruña

Os concellos de Melide e de Toques, xunto coa Asociación Deportiva Cerne, e coa colaboración de Cartotec Gabinete e da Deputacion da Coruña, organizan unha andaina que une ambos concellos a través do punto máis alto da provincia, , .

Data do evento

17 de maio, Día das Letras Galegas.

Hora de saída: 10:00 da mañá.

Poderase saír desde o Concello de Toques ou de Melide.

Haberá autobuses  para realizar o retorno desde a cima ata os lugares de saída en ambos concellos.

Inscricións:

Do 10 ao 14 de maio, ambos inclusive.

Presencial: Concello de Melide e de Toques.

Mediante a APP: Sporttia (Dispoñible en iOS e Play Store).

As persoas inscritas recibirán a ubicación da saída así como o tracking por se queren navegar o percorrido.

Nota importante:

A realización do evento terá lugar sempre que a lexislación vixente, a situación sanitaria e as condicións metereolóxicas o permitan.