Programa de Andainas

O Servizo de deporte do Concello de Toques recupera a andaina cancelada no seu día polo mal tempo, e propón o Sábado 23 de marzo para que os interesados poidan realizar a Andaina en cuestión.

A andaina trátase de completar os case 13 quilómetros que supoñen subir e baixar a Ermita de San Cidre tal e como fan os participantes da carreira “Subida a San Cidre”.

A hora de saída é ás 9:30 do próximo sábado (23/03) e o punto de partida é a Praza do Multiusos, sita no Lugar de Souto onde se ubica o velorio Municiapl e o Centro de Atención Temperá (CAT).

Os interesados poden informarse e/ou inscribirse por vía telefónica nos teléfonos 981 505 826 (horario de mañá) e 626 445 816.