Programa de benestar a través da talasoterapia 2018

Este ano 2018 ponse en marcha o “Programa de benestar a través da talasoterapia”, coa finalidade de facilitarlles ás persoas maiores o acceso a establecementos que ofertan talasoterapia en épocas nas que a climatoloxía non nos permite gozar directamente dos beneficios das augas mariñas.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:

  1. Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.
  6. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.

A persoa solicitante poderá ir acompañada:

  1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.
  2. Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no apartado 1.

SERVIZOS E PRESTACIÓNS QUE SE INCLÚEN:

  1. Estadía de 6 días, cinco noites (de domingo a venres).
  2. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  3. Acceso diario ao circuíto mariño
  4. Póliza colectiva de seguro turístico

DESTINOS:

-Hotel Talaso Louxo ****. Isla de la Toja –  Pontevedra
-Talaso Atlántico ****. Oia –  Pontevedra
-Thalasso Cantábrico ****. Viveiro –  Lugo

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Para a presentación das solicitudes estará aberto ata o día 31 de xullo do 2018.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.