Programa de Sendeirismo en Toques

O vindeiro sábado 2 de marzo continua este programa deportivo coa seguinte andaina. Para esta ocasión os participantes poderán realizar o percorrido da “IV Subida a San Cidre” que ten lugar o posterior fin de semana. O lugar escollido para realizar a saída é a praza do Multiusos (antiga escola) en Souto, desde onde ás 9:30 se percorrerán os 13 quilómetros, durante os cales se transcurre pola Ermida de San Cidre entre outros lugares.

Xa está aberto o prazo para inscribirse, de balde, mediante os números de teléfono 981505826 (de 9 a 14 h.) e 626445816.