Normativa:
Orde SCB/926/2018, de 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 221 do 12/9/2018)
Resolución do 7 de xuño de 2022, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo. (BOE nº 144 do 17/6/2022)
Solicitantes:
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
- Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Modalidades:
- Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
- Zona Costeira Insular: estadías de 10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
- Turismo de Interior, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:
- Circuitos Culturais.
- Turismo de Natureza.
- Viaxes a Capitais de Provincia.
- Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
Solicitude de praza:
- Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso no prazo comprendido entre o 27 de xuño e o 19 de xullo de 2022, ambos incluidos
- Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
- Recoméndase realizar a solicitude «en liña» xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.
Prazo de presentación: O novo prazo de presentación de solicitudes para participar, na tempada 2022-2023, comeza o 13 de decembro de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.