Programa Turismo Social para maiores do IMSERSO 2023-2024

NORMATIVA:

Resolución do 12 de xuño de 2023, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo. (BOE nº 151 do 26/6/2023)

Información na web do IMSERSO

SOLICITANTES:

a) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel ou, no seu caso, abonen o suplemento establecido para cuartos individuales que estará suxeito á dispoñibilidade de prazas.

As persoas usuarias de prazas e os seus acompañantes, excepto os fillos, deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.

MODALIDADES:

  • Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
  • Zona Costeira Insular: estadías de 10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
  • Turismo de Interior, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:
    • Circuitos Culturais.
    • Turismo de Natureza.
    • Viaxes a Capitais de Provincia.
    • Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

PREZOS: 

                                                                                                                    8 días (7 noites)                                           10 días (9 noites) 
Destinos    
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana228,93 €290,073 € 
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte)210,72  €253,65  € 
Baleares267,63 €331,49 € 
Baleares (sen transporte)210,47 €253,67 € 
Canarias355,30 €435,45 € 
Canarias (sen transporte)210,39 €253,65 € 
  
Circuitos culturais (6d/5n)293,16 €
Turismo Natureza (5d/4n)

Capitais Provincia (4d/3n)

Ceuta ou Melilla (5d/4n)

286,82 €

124,68 €

286,82 €

SOLICITUDE DE PRAZA:

  • Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso no prazo comprendido entre o 29 de xuño e o 25 de xullo de 2023, ambos incluidos
  • Se  accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
  • Recoméndase realizar a solicitude “en liña” xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Entre o 29 de xuño e o 25 de xullo de 2023, ambos incluidos.

MÁIS INFORMACIÓN:

Nos servizos sociais municipais.

No teléfono  912 667 713  IMSERSO. De luns a venres.