PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos: Ofértanse un total de 270 prazas distribuídas do seguinte xeito:
– 130 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Lugo.
– 140 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia de A Coruña e Ourense.

Datas:
Este programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2023 e o día 7 de xaneiro de 2024.

Persoas beneficiarias:
a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroado nalgún concello galego.
c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o día 7 de decembro de 2023 (incluído)

Prezo da praza: As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.

Máis información nos servizos sociais municipais.