O CONCELLO ORGANIZA DIFERENTES ACTIVIDADES PARA HOMENAXEAR A CULTURA E O IDIOMA GALEGO
Consiste en tres actividades ben diferenciadas e relacionadas cada unha delas coa música, a cultura e o deporte.
A programación é a seguinte:
- SÁBADO, 14 DE MAIO: Música e Lingua.
«II FESTIVAL LINGUA FOLK NO CAMIÑO PRIMITIVO»: a partir das doce e media (12:30) na praza do Multiusos. tras a boa experiencia do pasado ano, o Servizo de Cultura do Concello de Toques volverá a congragar ás asociacións e grupos folclóricos de Toques, e a súa contorna, para celebrar o Día das Letras Galegas. Música, baile e xantar popular están garantidos para o disfrute de todos os participantes e espectadores.
- DOMINGO, 15 DE MAIO: Cultura e Lingua.
CAMIÑATA ÁS PÍAS: Coincidindo coas Festividades de Santa Columba das Pías e San Cidre Labrador, realizarase unha camiñata desde Souto (Toques) ata a Capela das Pías (en Codesoso, Sobrado dos Monxes) pasando pola Ermita de San Cidre (en Paradela, Toques).
A hora de saída márcase para as dez da mañá (10:00) e aproximadamente o percorrido de ida ten unha duración de dúas horas.
Os interesados non teñen máis que presentarse antes das dez na Casa do Concello de Toques.
- MARTES, 17 DE MAIO: Deporte e Lingua.
TORNEO DE TENIS INFANTIL: Esta actividade, neste caso, está destinada para os menores de idade, os cales poderán participar na cuarta edición deste torneo específico para eles, celebrando o día das Letras Galegas facendo deporte. Haberá premios e regalos e para participar será necesario inscribirse chamando por teléfono ao 626445816 (Mauro)