Proxecto EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

OBXECTIVOS:

  1. Axudar aos mozos/as a coñecer e valorizar máis e mellor o territorio rural e descubrir as oportunidades que este lles ofrece no eido profesional e social.
  2. Impulsar a aprendizaxe pola práctica, aplicando a metodoloxía da alternancia e a colaboración co tecido empresarial.
  3. Prestar apoio e seguimento individualizado e/ou grupal aos proxectos de emprego/ empresa ou de carácter social xerados, garantindo a súa consolidación no territorio.
  4. Fomentar a introdución da innovación no marco dos itinerarios de inserción sociolaboral, baseada fundamentalmente na aplicación das TIC na xestión empresarial, comercial e social.
  5. Promover a autonomía e o empoderamento da xuventude no rural, como actores sociais dos seus territorios para favorecer a súa promoción persoal e social, así coma a súa incorporación a redes de partenariado no territorio.

ACTIVIDADES:

  1. Safari de emprego nos territorios.
  2. Formación para inserción.
  3. Formación na empresa.
  4. Titorización e seguimento individual.
  5. Captura de proxectos.

DESTINATARIO/AS: Mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.

NÚMERO DE PRAZAS: concederanse 60 prazas cuberta por rigurosa orde de entrada durante o prazo de inscrición.

DURACIÓN: de marzo a outubro de 2018.

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 26 de febreiro ao 12 de marzo de 2018.

MÁIS INFORMACIÓN: roteiros.ctb@xunta.gal e en xuventude.net, onde se realiza a inscrición de maneira telemática cubrindo o formulario e enviando.