SOCORRISMO ACUÁTICO: CINCO DEMANDANTES DE EMPREGO PODERÁN RECIBIR A FORMACIÓN PARA OBTER O CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE NESTA RAMA.

No marco do Plan de Emprego Local (PEL 2016-2019), promovido e financiado pola Deputación da Coruña, realizarase a formación teórico-práctica a partir do 6 de Marzo do presente ano, en algún centro de estudios nas cidades da provincia, A Coruña, Ferrol ou Santiago de Compostela.

Agora ábrese un prazo de pre-inscrición no concello simplemente entregando un formulario de inscrición e máis un certificado médico. Despois, realizarase unha selección de candidatos mediante entrevista persoal e proba práctica, sendo inscritos no curso os candidatos que superen as ditas probas.

Os/as interesados/as poden achegarse ao concello para recoller o formulario e envialo desde o propio concello antes das 14:00 horas do vindeiro 13 de febreiro de 2017.

PELIdentidade Deputación da Coruña