Subvencións a fondo perdido para actuacións en vivendas

SUBVENCIÓNS A FONDO PERDIDO PARA ACTUACIÓNS EN VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO.

NORMATIVA: Resolución do 27 de xullo de 2015 pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrucción de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago. (DOG nº 152 do 12/08/2015)

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: as actuacións previstas no Decreto 44/2011 para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrucción de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago que conten coa resolución de cualificación definitiva de data anterior ao 21 de maio de 2012. As actuacións obxecto de cualificación son as seguintes:

-Remate de fachadas e cubertas

-Rehabilitación de edificios ou vivendas

-Reconstrución de edificios e vivendas.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

-Persoas físicas promotoras das actuación que cumpran os requisitos establecidos no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva de data anterior á mencionada no punto anterior.

-Aquelas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non a tivesen solicitado nos catro anos inmediatamente anteriores, ou que o seu procedemento rematese sen obter subvención.

REQUISITOS:

Estar dedicando a vivenda a residencia habitual e permanente.

Para o caso de actuación con destino a aluguer, os ingresos ponderados das unidades familiares que residan nas vivendas terán que ser inferiores a 4,5 veces o IPREM. No caso de vivendas con cédula de rehabilitación, os ingresos da unidade familiar da persoa beneficiara deberán ser inferiores a 3,5 veces o IPREM.

IMPORTES MÁXIMOS DAS SUBVENCIÓNS:

As actuación subenciónanse nunha contía equivalente ao 50% do orzamento que figure na resolución de cualificación definitiva, sen que poida superar a cantidade de 6.600 €, no caso de remate de fachada e rehabilitación; e a cantidade de 8.600 €, na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.

PRAZO DE SOLICITUDE:

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 12 de setembro de 2015.