SUBVENCIÓNS A PARTICULARES PARA PROXECTOS DE ENERXÍA RENOVABLES E EQUIPOS TÉRMICOS DE BIOMASA.

NORMATIVA: Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas pra proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e cofinanciadas parcialmente co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

OBXECTO: Apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia ou a solar.

BENEFICIARIAS: As persoas físicas de dereito privado, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles de dereito residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas en Galicia, así como as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade; estas non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PROXECTOS FINANCIABLES:

Con fondos propios

  • os proxectos de biomasa do grupo A1: estufas de aire, cociñas calefactoras, A2: cambio de queimadores existentes que non sexa de biomasa e B1: equipamentos térmicos sen sistema de alimentación automática ou volume de acumulación de combustible V < 250 litros.
  • os grupos B2 e B3 de biomasa (grupo B2: caldeiras con sistemas de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros e B3: caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 1.000 litros) que se desenvolvan en zonas densamente poboadas.
  • os proxectos de aerotermia, solar térmica, solar fotovoltaica e enerxías xeotérmicas.

Con fondos Feader

  • Os proxectos de biomasa do grupo B2: caldeiras con sistemas de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros e B3: caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 1.000 litros que se desenvolvan en parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader (clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016). Estes proxectos deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia.

PRAZO: Un mes, contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras (que disporán de 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución, para a súa adhesión). Ata o 20 de marzo de 2018.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.