SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA.

NORMATIVA: Resolución do 9 de febreiro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

OBXECTO: Apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible.

BENEFICIARIAS: As persoas físicas de dereito privado, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles de dereito residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas en Galicia.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

-O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais

-O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema

-O custo do sistema de almacenamento do combustible

-O custo do sistema de alimentación do combustible

-O custo de montaxe e conexionado

-O IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento. O solicitante da axuda terá que pedir as tres ofertas necesarias para garantir a moderación de custos, tendo en conta que a oferta seleccionada corresponderá á da entidade colaboradora adherida encargada da tramitación da solicitude e que o equipo térmico cumpre os requisitos mínimos esixidos. Na páxina do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas para equipos térmicos de biomasa.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Un mes, contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras (que disporán de 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución, para a súa adhesión). Ata o 24 de abril, por ser o 23 inhábil.