Subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos

NORMATIVA: Resolución do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024(IN414B e IN414C). (DOG nº 9 do 12/01/2024).

OBXECTO: Convocar para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva as subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos en vivendas localizadas en Galicia por parte de persoas físicas que cumpran cos requisitos.

ACTUACIÓNS QUE SE SUBVENCIONAN:

 Actuación 1. Plan Renove de electrodomésticos.

É subvencionable a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía . As clasificacións enerxéticas admisibles son: A, B, C ou D para conxelador, frigorífico ou frigorífico-conxelador, A, B ou C para lavadoras e lavalouzas ou placas de cociña de indución total No caso das placas é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total. Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.

Electrodomésticos subvencionablesConsumidor xeralConsumidor vulnerableConsumidor vulnerable severo
Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D150 €300 €450 €
Conxelador con clasificación enerxética A, B,C ou D
Lavadora A ou B (*)100 €200 €300 €
Lavalouza A, B ou C
Placas de indución total (só tecnoloxías inducción, non mixtas)

(*) Inclúe lavasecadoras sempre e cando teñan unha clasificación para lavado A ou B.

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Para os efectos desta convocatoria considéranse consumidores vulnerables e vulnerables severos os que cumpran os requisitos establecidos no Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica e sexan beneficiarios do bono social eléctrico (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social (para persoas VULNERABLES cun 65 % ou un 40 % de desconto no domicilio en que se actúa e dun 80% de desconto para consumidores VULNERABLES SEVEROS), o que deberá acreditarse mediante a presentación dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses anteriores á data en que se presenta a solicitude de reserva de fondos. O beneficiario só poderá beneficiarse da axuda correspondente a consumidor vulnerable ou vulnerable severo na vivenda que figure na factura de electricidade con aplicación do bono social.

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes presentaranas directamente as entidades colaboradoras.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Comezará o 8 de febreiro de 2024 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.