SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE FACHADAS E CUBERTAS DE VIVENDAS

NORMATIVA: Orde do 19 de xullo de 2017 (DOG nº 128 do 06 de xullo de 2017).

1. Subvencións para a renovación de fachadas e cubertas de lousa

2. Subvencións para a renovación de cubertas con tella cerámica

3. Subvencións para a rehabilitación con granito das fachadas.

BENEFICIARIOS: Os particulares ou as comunidades de propietarios, para actuacións subvencionables que se realicen en vivendas illadas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Rematará o 09 de outubro de 2017 (incluído)

INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO:

a. http://economiaeindustria.xunta.es

b. Teléfonos: 981957092 ou  981545588

c. Enderezo electrónico: cei.dxiem.axudasminas@xunta.es