SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA E EQUIPAMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS E DE SERVIZOS SOCIAIS NO RURAL.

NORMATIVA: Resolución do 6 de abril de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR).(DOG nº 77 do 21/4/2017).

OBXECTO: Subvencionar os proxecto destinados á ampliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias en distintos sectores e ámbitos de actividade, entre os que están os de prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…)

BENEFICIARIAS:

-As pequenas empresas situadas en zonas rurais

-Persoas físicas que residan nunha zona rural

-Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

PROXECTOS SUBVENCIONABLES:

-Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.

-Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios

-Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…)

-Actividades de lecer, recreativas e deportivas

-Artesanía e actividades artesanais

-Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico

-Comercio polo miúdo…

INTENSIDADE DA AXUDA: A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Unicamente por medios electrónicos a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Agader http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda.

PRAZO: Un mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Ata o 22 de maio de 2017.