TARXETA XENTE NOVA PARA TRANSPORTE METROPOLITANO GRATUITO

NORMATIVA: Orde do 8 de agosto de 2016 pola que se regula o establecemento dunha tarifa específica para a xente nova no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia (DOG nº 161 do 20/08/2016)

OBXECTO: Regular unha tarifa específica aplicable ao colectivo de persoas usuarias do transporte público regular interurbano de uso xeral incluídas na categoría de xente nova (persoas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos de idade).

TARIFA APLICABLE Á XENTE NOVA NO EIDO DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE GALICIA: Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas urbanas realizadas dentro do ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, cun número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.

EMISIÓN DA TARXETA:

– Solicitar cita na páxina: http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e

– Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesario unha conta asociada.

– Presentar na oficina o DNI do titular. A tarxeta é gratuíta.

PROCEDEMENTO DE APLICACIÓN DA TARIFA PARA A XENTE NOVA:

A persoa titular da TMG Xente Nova aboará con cargo á súa tarxeta os desprazamentos que realice en calquera dos servizos de transporte público integrados nas áreas de transporte metropolitano de Galicia implantadas. Sen prexuízo da posiblidade de utilización da TMG para o pagamento dun maior número de viaxes, a tarifa para a xente nova dará dereito ao reintegro do 100% do importe das viaxes metropolitanas interurbanas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.

Quincenalmente, a Xunta de Galicia procesará os datos das viaxes pagadas coa TMG para calcular os datos dos reintegros que deben operar respecto de cada tarxeta, e os días 5 e 20 de cada mes poranse á disposición das persoas titulares destas tarxetas os reintegros que lles correspondan para a súa aceptación nos caixeiros das entidades financeiras colaboradoras.

As persoas usuarias disporán de dous meses para aceptar o reintegro desde a data en que este se pon á súa disposición . No caso de non aceptar a recarga dentro do prazo, esta recarga caducará e perderán o dereito a percibila. Pódese consultar o estado das recargas na páxina web: http://tmg.xunta.gal/consulta-tarxeta

EXTINCIÓN DO DEREITO Á TARIFA PARA A XENTE NOVA: Cando a persoa titular da TMG Xente Nova cumpra os 19 anos, perderá o dereito a beneficiarse desta tarifa, aínda que a poderá seguir usando ata que se esgote o saldo.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.