Teléfono de asistencia psicolóxica COVID-19

O Ministerio de Sanidade e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Psicólogos ( COP) de España puxeron en marcha un teléfono de atención psicolóxica para prestar apoio asistencial ás persoas con dificultades derivadas da  COVID-19.

A súa finalidade é desenvolver un sistema de apoio e primeira atención psicolóxica, orientado ao manexo da tensión e situacións de malestar derivados das diferentes realidades que está a xerar esta pandemia.

Esta modalidade de prestación asistencial realízase a través de tres números de teléfono diferenciados, dirixidos a grupos poboacionais concretos:

  • 91 700 79 89 para familiares de persoas enfermas ou falecidas como consecuencia do coronavirus.
  • 91 700 79 90 para profesionais con intervención directa na xestión da pandemia como sanitarios, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou Policía Local, entre outros.
  • 91 700 79 88 para a poboación en xeral con dificultades derivadas do estado de alerta.

O horario de atención é desde as 09.00 ata as 20.00 horas, todos os días da semana.

WhatsApp de apoio psicolóxico para mulleres vítimas de violencia de xénero

telefonos_VX