TERMALISMO SOCIAL IMSERSO

NORMATIVA: Resolución do 5 de decembro de 2016, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas no Programa de Termalismo para pensionistas. (BOE nº 300 de 13/12/2016)

REQUISITOS DOS/AS USUARIOS/AS:

-Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.

-Ser pensionista de viuvedade con 55 ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español

-Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 u máis anos de idade.

-Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.

Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que cumpra os requisitos anteriores. Así como os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45%, sempre que a quenda a disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

-Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 13 de xaneiro de 2017

-Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 12 de maio de 2017

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir prazas que vaian quedando vacantes:

-Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 12 de maio de 2017

-Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2017

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.