Termalismo Social IMSERSO

Normativa: Resolución do 21 de novembro de 2022, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE nº 286 do 29/11/2022)

Requisitos dos/as usuarios/as:

Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Documentación:

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2019, deberá formalizar nova solicitude e declaración sobre o estado de saúde:

  • Solicitude telemática | |  Solicitude 2023 pdf.
  • A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.

Prazo de presentación:

Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:

a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 9 de xaneiro de 2023.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2023.

b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2023.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de novembro de 2023.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.