Termalismo Social IMSERSO

NORMATIVA:

REQUISITOS DAS PERSOAS USUARIAS:

Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Tamén poderán ir acompañados do cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.

Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda a disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

SERVIZOS:

  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
  • Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento.
  • Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario.
  • Póliza de seguro.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 

Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:

a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de xaneiro de 2024.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembroata o día 15 de maio de 2024.

b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2024.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de novembro de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.