O 29 E 30 DE XULLO TIVO LUGAR NO POLIDEPORTIVO DE SOUTO UNHA NOVA EDICIÓN DESTA MODALIDADE DEPORTIVA.
O Sábado 29, era o turno dos rapaces e rapazas, a meirande parte usuarios das Escolas Deportivas de verán, que participaron en dúas categorías por idades, e mabas induviduais e mixtas: sub´13 e sub´18. En total disputáronse 22 partidos de 15 minutos cada un (aprox) a once puntos na categoría sub´13 e ao mellor de cinco xogos os máis maiores.
O resultado final, non é vencedores e vencidos, senon a promoción do deporte base, foron catro horas nas que os rapaces/zas obtiveron unha experiencia real do que é un torneo, pero sobretodo realizaron exercicio físico, e obtiveron outras vivenzas no plano social-cultural, lúdico e emocional.
O domingo 30, continuou a actividade, pero mutando a tipoloxía, tratouse do Torneo de Dobres para adultos.
Participaron 16 adultos (tres mulleres) repartidos en oito parellas e distribuidas pola organización da forma máis obxectiva posible nun hipotético ranking válido para confeccionar os enfrentamentos no cadro eliminatorio.
A procedencia dos participantes é dispar, Arzúa, Melide e/ou Mesía ademáis da pouca participación local.
A característica máis importante desta competición amateur é que realízase unha repesca na primeira eliminatoria de maneira que os derrotados xogan entre eles un torneo “B” en paralelo co orixinal.
Os resultados, nalgúns casos, non reflexan a grande igualdade no terreo de xogo, igualdade que se mantivo ata a gran final. A propia final tivo que resolverse no Tie Break, no que un impropio erro non forzado desequilibrou a balanza en favor de Ricardo Suárez e Roberto Pérez.
Os gañadores, xa finalistas nalgunha ocasión individual e dobres, levan cadanseu trofeo de campeón non moi lonxe, nesta ocasión ficou na Terra de Melide.




