VI Festival LinguaFolk en Toques 15/05/2021

Este ano o VI Festival LinguaFolk tivo que ser adaptado ás condicións sociosanitarias que vivimos, pero non perdemos nin un ápice de ilusión pola nosa música e pola nosa cultura.

Este ano retransmitimos por streaming unha ampla reportaxe onde participaron os nenos e nenas  da Casa Niño e do CEIP, os músicos que participan habitualmente no festival, técnicos do concello de xeito espectacular, rendendo tributo a Xela Arias e Ricardo Carvalho Calero.

Houbo un concerto de Leirabuxo, que non defraudou a ninguén e co que poidemos  constatar as ganas de volver a normalidade.

Os enlaces onde podedes visionar tanto a reportaxe como o concerto:

VI Lingua Folk – Programa Homenaxe a Xela Arias e Ricardo Carvalho Calero: https://www.youtube.com/watch?v=guy8nq12tz4

VI Lingua Folk – Concerto de Leirabuxo: https://www.youtube.com/watch?v=825WV_G8pW8