Esta semana o pelotón de ciclistas da décimo oitava edición da Volta a Galicia pasará por Toques.
A Volta, que este ano ten catro etapas, comeza o Xoves 19 en Baiona e remata o Domingo 22 en Viveiro, pero será o Sábado cando os ciclistas afronten unha das etapas máis duras, xa que o percorrido inclúe a subida ao Bocelo pola estrada DP-4601, a cal comunica As Barreiras con Sobrado dos Monxes.
Este tramo ascendente termina no Alto de Amenoeiras (1ª Categoría) e é neste punto onde o pelotón ciclista pasa por Toques, moi cerca do lugar de Río de Ameneiros, na parroquia de A Capela.
Os afecionados ao deporte, poden achegarse ata un dos puntos por onde transita a carreira pero sen esquecer o respeto polos ciclistas e tamén polo medio ambiente.
Para os que desexen máis información poden consultar a seguinte web onde se pode informar das etapas, percoridos e horarios:
http://www.voltagalicia.com/
