Xornada informativa sobre as ferramentas de internet

O Xoves 13 de Xullo ten lugar en Toques unha xornada formativa sobre internet e as funcións dispoñibles e cómo empregalas.

A xornada comezará ás 10:30 h. na praza do Edificio Multiusos (Antigua Escola) en Souto, onde o persoal encargado informará aos asistentes sobre Internet, as súas funcións e ferramentas que poden axudar a realizar trámites do día a día.

Que é internet?

Como podo buscar algo en internet?

Como se envían mensaxes co teléfono?

Como pedir cita co Médico?

Todas estas dúbidas e outras serán resoltas, así como aprender a manexarte coas novas tecnoloxías nesta xornada informativa promocionada pola Cruz Vermella, Xunta de Galicia, Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Mancomún Iniciativas sobre Software Libre en Galicia, e coa Colaboración do Concello de Toques.

A actividade está dirixida á poboación adulta principalmente, inda que está aberta a toda a veciñanza tamén.

Para máis información hai o seguinte número de teléfono gratuito: 900 825 030