Xuntos polo Nadal 2015

XUNTOS POLO NADAL 2015

xuntos polo nadalA Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

PRAZAS E DESTINOS

-120 prazas na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.

-120 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra) para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña.

DATAS

Este programa levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2015 e o 2 de xaneiro de 2016.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Para beneficiarse do programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

-Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes

-Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio

-Ter que pasar só/a as datas do Nadal

-Valerse por sí mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia

-Non estar acollido/a nun centro residencial.

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes presentaranse nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territorias ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social.

O prazo de presentación será ata o 20 de novembro incluído.

CUSTO DA PRAZA

As persoas con ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa; aquelas que teñan ingresos superiores ao dito importe contribuíran ao pago da estancia coa achega de 50 €.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO