Xuntos polo Nadal 2018

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos

Ofértanse un total de 260 prazas distribuídas do seguinte xeito:

  • 130 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
  • 130 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.

Datas e servizos

Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2018 e o día 7 de xaneiro de 2019 e comprende os seguintes servizos:

  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.

A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.

Persoas beneficiarias:

  1. Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  2. Estar empadroado nalgún concello galego.
  3. Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  4. Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:

  • Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
  • Teñan máis idade
  • Teñan un menor nivel de ingresos económicos.
  • Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.

Prazo de solicitudes:

O prazo de presentación será ata o día 15 de novembro incluído.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.