Xuntos polo Nadal 2022

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos: 

  • 280 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Lugo.
  • 260 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia de Pontevedra e Ourense.

Datas:

Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2022 e o día 7 de xaneiro de 2023 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).

A primeira quenda efectuarase no período comprendido entre o 23 e o 30 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.

Persoas beneficiarias:

  1. Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  2. Estar empadroado nalgún concello galego.
  3. Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  4. Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

Custo da praza: As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación será ata o día 28 de novembro de 2022 (incluído).

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS.